O Pleno Municipal aproba a proposición para modificar as condicións de adhesión á empresa de xestión de residuos SOGAMA

O Pleno Municipal aprobou na tarde de onte cos votos a favor do PSOE e BNG, a modificación inicial da Ordenanza reguladora da Administración electrónica, para facilitarlle aos pequenos proveedores que poidan seguir presentando en papel no Rexistro municipal as facturas por importe inferior a 5.000 euros.

Aínda así, BNG e PP criticaron duramente que os socialistas realizaran este proceso con lentitude e fóra de tempo, e segundo apuntou a concelleira popular Raquel Castiñeira, “de xeito non reglamentario”.

Doutra banda, o PP levaba a pleno a proposición para que o Concello instase a Deputación, a realizar as obras de alumeado no Paseo do Rato.

Escoitamos ao concelleiro popular Antonio Ameijide:

O Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, amosou carteis do proxecto que a Diputación presentará hoxe aos medios de comunicación, no que se recollen precisamente ás obras de iluminación que reclamaban onte os populares. Escoitámolo:

O PSOE abstívose na votación da proposta do PP, porque o grupo negouse a reclamarlle á Xunta que complete a Ronda Leste dende a estrada da Fonsagrada ata a Tolda, e que mellore e ilumine o treito urbán da Ronda Norte, dende Garabolos ate Albeiros.

Luis Álvarez de novo:

Por último, o BNG propuxo a modificación das condicións de adhesión a empresa de xestión de residuos galega SOGAMA.

Escoitamos á voceira do BNG no Concello, Paz Abraira:

O voceiro dos socialistas, explicou que votarían a favor da proposta sempre que os nacionalistas aceptaran o requerimento de aprobación da proposta, ante a Consellería de Medio Ambiente.

Finalmente, a proposta saíu adiante cos votos a favor de PSOE e BNG, e ca abstención dos populares, que sinalaron a dificultade de atopar unha alternativa mellor a SOGAMA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com