A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xa avanzaba onte que a xunta de Goberno local aprobaría o expediente de mutación demanial subxectiva para adscribir uns terreos a favor do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para destinalos á construcción dunha nova escola de Educación Infantil con 82 prazas.
Esta mañá, confirmaba esta nova o voceiro do Concello, Miguel Fernández, quen asegurou que a rexedora mantivera diversas xuntanzas con representantes do Consorcio e da Fundación Amancio Ortega que asinarán un convenio de colaboración, no que a entidade local pon a disposición do Consorcio o terreo e a Fundación Amancio Ortega procede á construción e ao equipamento dunha gardería, de cuxa xestión se encargará o Consorcio.
Miguel Fernández afirmou que esta gardería faise para responder ante a ampla demanda de prazas nas escolas infantís da cidade e ante a gran lista de espera de nenos que queren unha praza “fálase de 270 nenos e nenas que están a espera”, e asegurou Miguel Fernández que “vemos importante poñer a disposición da Consellería e co finanzamento da Fundación Amancio Ortega crear novas prazas de educación infantil”.
Asemade, a o pleno do Concello tamén aprobou hoxe as bases polas que se regulará o uso en precario dos locais e instalacións da Casa Clara Campoamor e da Casa María Mariño de asociacións de interese social para organizacións con ese mesmo fin.
A Casa Clara Campoamor, na avenida Infanta Elena, ten sete locales entre os que dispón de ximnasio e unha biblioteca; e a Casa poetisa María Mariño, sita na rúa Montefaro, ten trece locales con sala de actos, sala de usos polivalentes e recepción.
Entre os requisitos que as asociacións solicitantes deben ter, atópanse ser unha organización sen ánimo de lucro, e estar legalmente constituída; que o obxecto social da asociación sexa coincidente cos obxetivos perseguidos polos servizos sociais municipais, figurar escrita no rexistro público correspondente e acreditar experiencia mínima de dous anos.
Ademáis, o ente municipal terá en conta que os solicitantes estén ao corrente das obrigas fiscais e que se xustifique de maneira rigorosa a necesidade do local ca presentación dun programa que teña actividades continuadas ao longo do ano, viables ou de contido social. Só se admitirá unha solicitude por entidade, e o prazo de solicitude será de 20 días hábiles dende a publicación da convocatoria no BOP.