O PM Friol CD Lugo presenta ás súas fichaxes para a nova campaña

Co debut nunha ilusionante nova tempada na mente, o Peluquería Mixta Friol CD Lugo presentou na tarde de onte as novidades do seu primeiro persoal para a tempada 2018-19. Ata sete caras novas únense a un persoal que ten como ambicioso obxectivo clasificarse entre as catro primeiras o que lles daría dereito a competir na nova categoría que se creará a próxima tempada: Primeira B.

Laura Gallego é unha porteira natural de Lorca, que aos seus vintesete anos militou no CD Tacón ou no Real Oviedo, onde xogou na última tempada. Outra das novas caras é Andre Mirón (Polli) da mesma idade que Laura e que vén do Joventut Almassora tras xogar no Sporting de Braga e formarse como defensa central no Pontevedra CF.

A estes nomes únese tamén Jessica Higueras (Jessi) quen, nada en Águilas (Murcia) coincidiu con Laura no Lorca Féminas e con Polli no Joventut Almassora. Jessi adáptase tanto ao extremo como ao lateral dereito e, incluso, pode xogar como interior. Jone Bilbao, con 24 anos será a encargada do gol no cadro albivermello, dende o seu posto de delentero centro. A vizcaína formada no Athletic Club de Bilbao, militou no Deportivo Abanca, a pasada campaña.

A  santiaguesa Natalia Sánches (Nati), ten 23 anos e provén do Atlántida Matamá. Formada no Ciudad de Santiago e no Compostela, na súa aventura no Sporting de Braga coincidiu con Polli. Xunto a ela chega ao club tamén Geraldine Borrero (Gerald) que, de orixe colombiano, provén do equipo xuvenil do RCD Espanyol de Barcelo. Por último, a esta bancada, únese Natalia Llanes, coruñesa e ex-xogadora do Victoria CF, xogará no papel de lateral da defensa albivermella.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com