O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, confirmou hoxe que a provincia de Lugo “adquire un protagonismo especial” nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2020 con medidas focalizadas na innovación e na formación e, nese sentido, avanzou que o polo aeronáutico de Rozas disporá de máis de 15 millóns de euros que permitirán seguir desenvolvendo os proxectos de I+D que multinacionais como Boeing, Indra ou Babcock, están desenvolvendo en colaboración con máis de 30 pequenas e medianas empresas, universidades e centros tecnolóxicos.
“Será unha oportunidade para que Lugo dispoña dese parque empresarial no aeródromo de Rozas, para que Lugo poida seguir impulsando proxectos de emprendemento a través da Business Factory Aero, en definitiva para que Lugo siga consolidando a súa industria e desenvolva un novo sector, como é o sector dos avións non tripulados”.