O portavoz do PP Ameijide e máis de 20 veciños de Becerreá expulsados do Pleno da Deputación

O derradeiro Pleno provincial rematou coa metade dos deputados expulsados, así como cos máis devinte veciños de Becerreá que asistían ao mesmo, por ver se o goberno provincial aceptaba algunhas das emendas que fixeran para que a residencia de Becerreá se poia poñer en marcha este ano.

“Nada de isto ocorreu”, en palabras de Lurdes Fernádez, voceira da Plataforma pro residencia de Becerreá “só palabrería”. A voceira pediu no Pleno que se deixaran de palabras como “ estudiarase, compromiso etc. e aprobaran un presuposto para poder abrir a residencia que é o único xeito de compromiso real, o demais é palabrería”.

Non rematou aquí a pleno-bronca , xa que a piques de rematar o mesmo, un insulto proferido polo Presidente da Deputación José Tomé ao Voceiro do Partido Popular Antonio Ameijide, acabou, tamén, coa expulsión do popular, por protestar contra da ofensa do presidente  e non estar no uso da palabra, Tomé dixo despois que era”politicamente falando”, con el saíron todos os deputados e deputadas da oposición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com