O Porto de Ribadeo retoma o tráfico de area de mina

O porto comercial de Mirasol, en Ribadeo, vén de recibir a chegada do buque Angon que prevé cargar nos vindeiros días 4.500 toneladasde area de mina con destino ao porto de Castellón. Deste xeito, o peirao ribadense recupera o tráfico de area de mina, unha mercadoría que non se movía en Mirasol desde o ano 2018.

A recuperación desta actividade supón un incremento aproximado de entre 40.000 e 50.000 toneladas de mercadorías ao ano para o porto de Ribadeo, que moveu ao longo de 2021 un total de 483.000 toneladas, fundamentalmente de pasta de papel. O tráfico de area de mina prevese ademais estable no medio prazo dado que a empresa propietaria da mercadoría está a tramitar actualmente a adquisición da titularidade da concesión doutra operadora do porto.

O porto de Mirasol é un dos que maior tráfico de mercadorías rexistra cada ano no sistema portuario autonómico, xunto con Cariño, Brens e Viveiro-Celeiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com