O PP de Lugo dálle un ultimato dunha semana ao Goberno local para que avance na remunicipalización do servizo do guindastre municipal. Os populares advirten de que se no prazo de sete días non se convoca a comisión de municipalización volverán trasladar esta cuestión ao pleno para forzar a súa convocatoria.
O voceiro dos populares Jaime Castiñeira sinala que a empresa xa lle facturou ao concello de Lugo uns 300.000 euros durante estes seis meses por un servizo que non está prestando. Castiñeira acusa tamén á alcaldesa Lara Méndez de “perpetuar” no concello as políticas dos seus precedesores, José López Orozco e Francisco Fernández Liñares.