O PP acusa a Caballero de “ignorante ou mentiroso” por dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo

O voceiro do Partido Popular asegura que as declaracións de onte do líder socialista autonómico, Gonzalo Caballero, en Lugo son “unha sarta de mentiras” que responden ao “nervisismo” dun candidato que sabe “que non as ten todas consigo”. Ramón Carballo explica que “dicir que Feijóo non fixo nada por Lugo só pode significar que ben ou é un ignorante, ou ben que minte de forma maliciosa para sacar un rédito político”.

Carballo tamén recriminaba á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a súa “cara dura por negar á realidade” reflexionando que “hai cuestións que son interpretables pero cando se trata de algo evidente non se pode dicir que non existe”.

Para os populares con esta “actitude negacionista” os socialistas perden credibilidade e, nese senso, o voceiro popular enumeraba algunhas das inaguracións nas que estivo Feijóo como: “a apertura do HULA, o corredor Nadela-Sarria, a ponte Paradai así como o impulso que se está a acometer na remodelación do barrio da residencia onde xa se demoleu o vello hospital e están en proceso de construción no materno para a súa reconversión en Centro Integral de Saúde; tamén son significativas as obras de remodelación do Instituto das Mercedes, a apertura dunha nova gardería en Paulo Favio, ou o novo colexio do Sagrado Corazón que se abrirá o vindeiro curso académico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com