O PP acusa á “incompetencia” de Lara Méndez de que non haxa aínda alumeado de Nadal

O voceiro do PP, Antonio Ameijide, acusou á alcaldesa de Lugo de “non dar a cara” para explicar a súa ineficacia na xestión do alumeado de Nadal xa que, neste caso, como sucede con outros moitos contratos, licitouse tarde e por riba demorouse a adxudicación. “O do goberno de Lugo é de nota, fan mal as cousas e por riba non teñen nin a máis mínima autocrítica e utilizan ocurrencias como a de que non tiveron orzamentos ata abril para xustificar que non hai
alumeado de Nadal”.

O Partido Popular esixiu a alcaldesa que confirme a data concreta do acendido de todo o alumeado  “estamos falando das 58 rúas e prazas da cidade e non só das arcadas da zona centro” matizando que “estaremos vixiantes de que se complete todo o traballo e que o acendido sexa completo e non só parcial do que se instale no centro”.

O voceiro popular tamén pide explicacións sobre se a alcaldesa pensa pagar o 100% do contrato cando os lucenses só imos disfrutar, no mellor dos casos, da metade dos días contratados. O voceiro popular afirma que “é un insulto aos veciños que a 10 días do comezo das festas cando van prender a iluminación de Nadal”. “Os veciños teñen dereito a saber cando verán o alumeado que nos custa 139.000€”, matizou o voceiro dos populares.

O voceiro popular tamén anunciou que para clarificar o sucedido solicitarán a comparecencia da concelleira de cultura Carmen Basadre matizando que “a estas alturas, é de recibo que os veciños de Lugo reciban as explicacións oportunas”.

Por outra banda, Ameijide anticipou que “o meu grupo non participará no acto de inauguración do alumeado, si é que finalmente hai luces de Nadal, porque non queremos ser cómplices” do que califican “un insulto e un desprezo ao comercio de Lugo”. Deste xeito, os populares manifestan “a nosa queixa pola improvisación coa que o goberno local tramitou este contrato e que suporá que os lucenses sexamos os galegos que máis paguemos por estas luces ornamentales tendo en conta que seremos os que menos tempo as podamos disfrutar”. Lugo é a única cidade de Galicia, e dos poucos municipios de España, que a día de hoxe non ten nin o primeiro adorno navideño nas rúas”.

“Hai un esforzo por chegar a novas zonas”

Ante as numerosas queixas que a rexedora está a recibir neste senso, hoxe Lara Méndez, manifestou o seu desexo de que a instalación, que arrancou esta mañá, finalice “canto antes” para poder encender o alumeado.  Ademáis, a alcaldesa avanzou que este ano o Concello fixo “un esforzo por aumentar o alumeado e para uqetoda a cidade poida gozar de alumeado” anunciando así que as luces chegarán a novas zonas, que outros anos estaban sen luminarias.

En canto os gastos a alcaldesa “non comparte” as contas feitas polo PP nas que resultaba que os lucenses seremos os que máis pagaremos polas luces de Nadal. “Nós onde queremos invertir, eles (o PP) non o comparten, polo tanto, tampouco se trata de cuestións políticas, queremos apostar polo alumeado de Nadal porque axuda a dinamizar o comercio e a que a xente saia ás rúas”, advertiu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com