O PP acusa a Racamonde de mentir e desvela que o goberno local perde 1.000 horas ao mes de SAF

O Partido Popular considera moi grave que a concelleira de Servizos Sociais “minta de forma tan descarada e nin se poña colorada” cando fala da situación das horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no concello de Lugo.

Carmen López Silva explicou que con data do 20 de febreiro, data na que se celebrou a comisión de benestar, o concello de Lugo tiña 1.239 horas sen asignar polo que pregunta á socialista “cal é o motivo polo que están perdendo esas horas que podían estar prestando a lucenses que o precisan? Esta situación supón unha irresponsabilidade e denota unha falta de xestión por parte desta concellalía”, recalcou a popular.

A concelleira do PP explicou que “se ben pode comprender que queden unhas horas dispoñibes para atender algunha emerxencia” considera “unha insensatez que queden sen consumir tantísimas horas mensuais do SAF tendo en conta que hai usuarios que as reclaman”.

López Silva explicou que a Xunta concede 15.482 horas para dependencia ao concello de Lugo e que “quedaron sen consumir, de forma sistemática, ao longo do ano 2019 unha media de mil horas mensuais2. Para a edil do PP é necesario corrixir esta situación matizando que “todo apunta a que está motivada por unha falta de organización na prestación deste servizo”. A popular tamén lembrou que a administración autonómica o pasado exercicio fixo unha achega de 1.508.636,79 € para o Servizo de Axuda ao Fogar do municipio lucense.

Carmen López Silva pide á concelleira socialista que “deixe de faltar a verdade porque non é digno do cargo público que ostenta, que faga autocrítica e que recoñeza que o SAF pode mellorar axilizando o consumo de todas as horas que lles concede a Xunta de Galicia“.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 21, 2020 - 07:46 PM

    Estádes todos afeitos a esa práctica de mentir

    Reply
    • Oscar Poy
      Feb 22, 2020 - 08:44 PM

      Carlos Fernandez Peleteiro A ver se o entendo… está a xustificar as mentiras do goberno municipal? 🤔

      Reply
    • Carlos Fernandez Peleteiro
      Feb 23, 2020 - 02:34 PM

      Oscar Poy. Non estou a decir o que digo? Que o mentir e engañar e unha práctica habitual, na grande malloria da clase política, salvo raras excepcions

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com