O PP acusa ao BNG de “ser a muleta necesaria de Lara Méndez”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, lamentou o cambio de postura que tomou hoxe o BNG con respecto ao Garañón, xa que “decidiron votar en contra do acordo que apoiaron hai uns meses, cando se atopaban na oposición no Concello de Lugo”.

Ramón Carballo lamenta que “agora que teñen un sillón no BNG optan por ser a muleta que precisa Lara Méndez xa que hoxe mesmo votaron en contra do acordo que apoiaron e asinaron hai poucos meses”. Ademais, segundo os populares, “Rubén Arroxo comeza a amosar a súa verdadeira cara xa que ao votar en contra da proposta presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular negou a creación da Comisión Especial do Garañón, polo que decidiu limitar a participación dos grupos ao vetar unha comisión que xa existía no anterior mandato.

Incluso, o veto do BNG “implica que o Concello non tome cartas na mellora da seguridade no Garañón, unha dotación na que nas últimas semanas vimos a través dos medios de comunicación como grupos de persoas entran nesta infraestrutura, que está en obra, co conseguinte risco para a seguridade das persoas”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com