Muralla Lugo Muralla Lugo

O PP acusa ao Goberno Municipal da mala xestión en cultura pola desatención á muralla

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira lamenta que, a dúas semanas da celebración do XV aniversario da muralla como Patrimonio da Humanidade, se descoñeza a programación de actos para celebrar esta efeméride. “Lugo e a Muralla son dúas palabras que para os lucenses van unidas polo que é inadmisible que, ano tras ano, os socialistas non deran os pasos necesarios para promocionar este monumento tal e como se merece” reflexionou a edil popular.

Os populares afirman que ter un monumento coa distinción de Patrimonio da Humanidade “é algo polo que moitas cidades darían o que fóra porque son conscientes do que isto significa para a promoción turística e cultural do municipio”. Jaime Castiñeira matizou que “nunca imaxinei, que logo de quince anos de que a muralla conseguise este importante recoñecemento, pola desidia do goberno chegásemos a unha data tan sinalada sen pena nin gloria”.

Dende que a muralla foi declarada pola Unesco, no ano 2000, como  ben Patrimonio da Humanidade o Grupo Municipal do PP  presentou diferentes propostas para a súa posta en valor. Agora coincidindo co décimo quinto aniversario da celebración os populares insisten en que “hai que ser ambiciosos e que hai que organizar con tempo suficiente unha programación que non se cinga só a un evento puntual que coincida co 30 de novembro, data na que se outorgou a distinción”.

Se ben para os populares “a promoción da muralla debe estar presente durante todo o ano” consideran preciso que “se organice un calendario de actos concreto para promocionar con tempo a conmemoración da muralla como Patrimonio da Humanidade”. O popular mesmo aportou diferentes ideas como por exemplo, a posibilidade de planificar actividades conxuntas nas que tamén se promocione o Camiño Primitivo declarado este ano  Ben Mundial.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. ansioso
    Nov 15, 2015 - 10:00 AM

    Tranquuilo sr. Castiñeira. Cuanta ansia le entró de repente con la Muralla. Todo lo que hay que hacer para su conmemoración se hará, no se preocupe. Eso de querer liderar a toda la oposición le está estresando. Mirelo bien, igual alguno se le escapa de la manada y viene el lobo. Menos mal que en la oposición hay gente con sentidiño.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com