O PP acusa de “irresponsables, soberbios e sectarios” a Méndez e Arroxo

O voceiro do Grupo Popular critica “a irresponsabilidade e a soberbia de Lara  Méndez e Rubén Arroxo” logo de que esta mañá non acudisen á xuntanza á que lles convidou o Partido Popular para buscar solucións que eviten o peche do parking Ánxel Fole.

Ramón Carballo manifestou que “a súa ausencia é unha proba de que teñen pouco interese neste asunto xa que nin queren escoitar as propostas que temos , e o que nos parece máis grave, é que dan por bo o decreto que ordea o peche desta instalación”. “Ata son sectarios en cuestións que afectan a intereses xerais” puntualizaba Carballo lembrando que neste caso “tratamos unha cuestión que afecta ao comercio local, hosteleiros do Casco Histórico de Lugo así como a todos os cidadáns que precisan achegarse ao centro para realizar calquera xestión ou actividade”.

Dende o PP insisten en que existen procedementos legais que permitirían manter aberta esta infraestructura ao igual que se fixo con outros edificios de Lugo “só falta ter vontade política e traballar nunha única dirección” . “Se o parking leva 20 anos nunha situación de irregularidade é porque os distintos gobernos socialistas non fixeron o seu traballo para impulsar o desenvolvemento urbanístico desta zona xa que tiñan a capacidade e a responsablidade de telo feito para non chegar a esta situación”.

 

Novas relacionadas

  1. Jesús PO
    Set 24, 2019 - 10:34 PM

    Sin que sirva de precedente voy a darle la razón al señor Carballo.

    Reply
  2. Ana Argiz
    Set 24, 2019 - 10:26 PM

    Ya empezamos con los insultos….va a ser una campaña electoral muy larga….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com