A concelleira popular Beatriz Vázquez, alude ao Caudal Fest, “organizado pola parte socialista do bigoberno, e á Mostra de Teatro Clásico de Lugo, que se encarga de organizar o BNG. Xa dixeramos en varias ocasións que Lugo ten dous gobernos ben diferenciados porque non se falan entre eles, pero que cheguen ao punto de contraprogramarse entre eles é algo ao que pensábamos que nunca poderían chegar”, afirmou Beatriz.
A popular “fai este apunte despois de coñecer o horario das obras que participan na Mostra de Teatro Clásico e de que Lara Méndez. Segundo a popular estes son os eventos que se solapan”:
“…os concertos do Caudal Fest serán ás 21:30 horas.
As actuacións que se solapan son:
Obra: Casa O’Rei. 10 de setembro. 20:30 horas. Gustavo Freire
Concerto: David Prado. 10 de setembro. 21:30 horas. Explanada Gustavo Freire
Obra: Entre bobos anda el juego. 13 de setembro. 20:30 horas. Gustavo Freire
Concerto: Ortiga. 13 de setembro. 21:30 horas. Explanada Gustavo Freire
Obra: Macbeth. O ruído e a furia. 19 de setembro. 20:30 horas. Gustavo Freire
Concerto: Amaral. 19 de setembro. 21:30 horas. Explanada Gustavo Freire
A popular tamén quere que Lara Méndez diga se “segue a súa folla de ruta de manter a celebración do Caudal Fest a pesar da situación sanitaria que estamos a vivir en todo o país”.
Porque ademais de clarexar se mantén o festival ou non, ten que explicar se, en caso de seguir adiante, haberá postos de comida, bebida e como vai a garantir a seguridade, sobre todo, nos arredores dos recintos dos concertos. “Xa vimos como noutros lugares do país, nos que se celebraron concertos foi imposible controlar os exteriores, chegando en moitos casos a descontrolarse a situación”, explicou.
Beatriz Vázquez tamén aproveita para preguntar “que vai a pasar co San Froilán xa que o único que se coñeceu foi que teríamos unhas patronais de “perfil baixo” pero na segunda metade de agosto aínda non se coñece ningunha actuación, nin protocolos de actuación nin nada, a pesar de que uns días antes este mesmo goberno local ten programado un festival musical con miles de entradas á venda”.
Ago 19, 2020 - 01:55 PM
E agora contraprograman cousas de titiriteiros ¡¡ Deus meu !! Que vuelva el PP ya.