O PP acusa a Gómez Besteiro de deixar de investir en emprego e os socialistas afirman o contrario

@PPdeLugo          @depulugo

A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, afirmou esta mañá que o presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, deixou durante 2014 sen gastar en emprego máis de 5,8 millóns de euros.

Segundo Candia, os decretos de Presidencia que recollen a incorporación de remanentes de créditos para a anualidade de 2015, demostran este financiamento que recibiu a Deputación e que non chegou a comprometer, polo que agora, explica a popular, pásase para gastar en exercicios seguintes. A voceira popular criticou esta mañá que pese a dispoñer de fondos, o presidente socialista non foi quen de desenvolver as políticas de emprego.

Elena Candia:

Pola súa banda, o equipo de goberno socialista retrucou por voz de Pilar García-Porto, deputada da Economía e Emprego, logo de coñecer estas declaracións, que “a realidade deixa unha vez máis en evidencia ao Partido Popular, posto que o actual Goberno provincial multiplicou por 370 os investimentos en políticas de emprego que facía o PP á fronte da Deputación”.

Deste xeito, continuou, “segundo se pode constatar nos Orzamentos, un documento oficial e público, dos 18.030 euros que deixaron consignados os populares nos anos 2006 e 2007 para fomento do emprego, o actual Goberno progresista pasou aos 6,6 millóns de euros neste 2015, cando non temos as competencias”.

García-Porto:

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. @JEduardoVeiga
    Feb 12, 2015 - 08:13 PM

    XA EMPEZAMOS A ATACAR SIN XEITO. ¿QUE PASARÁ HASTA QUE ACABEN LAS ELECCIONES? http://t.co/fkVE4o6zuY

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com