O PP advirte dunha posible indemnización millonaria pola “mala praxe” do bipartito na Fábrica da Luz

Unha nova sentenza xudicial desestima o recurso presentado polo Concello de Lugo contra a resolución na que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil denegaba a prórroga da obra da Fábrica da Luz. Un novo “revés” que, segundo o vicevoceiro popular, Antonio Ameijide, “reflicte á perfección” o que foi a actuación do anterior goberno local da cidade con respecto a este tema. “Esta nova sentenza acredita a mala praxe do PSOE na Fábrica da Luz, unha actuación amparada polas teses da asociación ecoloxista Adega, amplamente defendida polo BNG. Por iso, os membros do bipartito de Lugo serán os únicos responsables da indemnización que poderiamos ter que pagar á empresa concesionaria”, explicou.

Unha indemnización que na reclamación xudicial se cifra en 2.840.858,15€ que é o que a empresa concesionaria reclama ao Concello de Lugo por non poder realizar os traballos que alí tiña encomendados, unha indemnización que pode resolverse nos xulgados xa que o Concello segue sen respostar á reclamación efectuada pola empresa.

Antonio Ameijide sinala que “os que máis perdemos na Fábrica da Luz somos todos os lucenses”. Primeiro porque perdemos a ampliación do caudal, que tiña que pasar dos 7.000 litros/segundo aos 11.000 litros/segundo, ademais do risco de perder a concesión, que data nas mans de todos os lucenses dende o ano 1894. “Seguramente se as indemnizacións millonarias, como as do Garañón ou a Fábrica da Luz, que penden sobre o Concello de Lugo as tivesen que pagar os que as provocan seguramente o equipo de goberno tomaría en serio o seu traballo”, explicou.

A denegación da solicitude da prórroga efectuada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil é unha actuación que defende o Avogado do Estado que asegura nas súas conclusións que “a prórroga formulada polo Concello de Lugo non cumpre con ningún dos requisitos que establece o artigo 105 do regulamento de dominio público hidráulico”.

Neste senso, o vicevoceiro popular recorda as denuncias efectuadas dende o Grupo Municipal Popular advertindo das irregularidades no proceso que se detectaron na xestión do anterior goberno socialista. Neste senso, unha das eivas principais foi que en lugar de solicitar a prórroga dous meses antes do prazo de finalización dos traballos se fixo o día anterior a rematar o prazo fixado para os traballos na Fábrica da Luz, é dicir, “con dous meses de demora”. Unha solicitude que ademais carecía de documentos básicos, como acreditar os traballos executados e os traballos restantes. Unha situación irregular que denunciou o Grupo Municipal Popular o 24 de outubro de 2017 e aínda agardamos a que se comuniquen as causes que produciron os atrasos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Lucia Barcelos
    Out 03, 2019 - 06:02 PM

    Estalles ben

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com