O PP afirma que a crise de confianza do PSOE en Lara Méndez retrasa o nomeamento do sustito do concelleiro de urbanismo

O vicevoceiro popular indicou que “pasaron case tres semanas dende que se coñeceu a renuncia do concelleiro de urbanismo e ainda non se sabe quen se ocupará da dirección política deste departamento”. Ameijide reflexionaba que “á vista salta que a alcaldesa ten problemas para que os candidatos da súa lista electoral den o paso para substituir e desempeñar as funcións da carteira de urbanismo”. Ameijide manifestaba que “comprende o temor das filas socialistas xa que o egocentrismo que exhibe a alcaldesa e as formas cos seus, en alusión á desautorización publica que fixo con Couto, pode supor un freo aos aspirantes a este posto”.

Para o popular o retraso en nomear un concelleiro responsable de urbanismo, que marque o ritmo de traballo e priorice proxectos, é preocupante xa que estamos nun momento clave para impulsar un sector que xenera moitos postos de traballo no municipio. Ameijide
apuntaba que “hai que ter en conta que urbanismo é un departamento moi importante para o desenvolvemento económico da cidade e que ten moitos asuntos pendentes como: 5% do PXOM; actualizar PEPRI; demolición Garañón; desenvolver ordenanzas como a de Contaminación Acústica …”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com