O PP afirma que Lugo incumpre o 94% dos obxectivos de desenvolvemento sostible

Segundo o informe que presentou a finais de 2018 a Rede Española para o Desenvolvemento Sostible ( REDS), analizando varios parámetros en 100 cidades españolas, o Partido Popular observa que “o concello de Lugo queda en mal lugar xa que dos 16 obxectivos analizados (o de Vida Submarina non é de aplicación) soamente un cualifícase como verde, é dicir, hai un total de quince obxectivos que aínda non se cumpriron”.

O Partido Popular propón “crear unha comisión que teña por obxecto avaliar os avances na aplicación da axenda 2030 de desenvolvemento sostible, formada por representantes da Corporación Municipal e técnicos municipales”.

Segundo o PP “o Informe sinala que das 100 cidades españolas estudadas, a maioría teñen máis obxectivos cumpridos que o de Lugo, por tanto, é necesario que o bigoberno adopte as medidas necesarias para cambiar esta situación, a través de políticas que teñan por obxecto o cumprimento dos ODS”. Ameijide subliñou que a comisión que propoñen se encargaría de “establecer estratexias que vaian dirixidas ao cumprimento destes obxectivos, así como para render conta periodicamente do cumprimento dos mesmos, podendo invitar a participar nesta comisión aos distintos actores sociais de diversos ámbitos”.

Os obxectivos de desenvolvemento sostible son “rematar coa pobreza, mellorar a saúde e o benestar, educación e igualdade, o medio ambiente da cidade, a creación de emprego e o crecemento económico. a enerxía asequible e non contaminante, produción e consumos responsables …”

Ameijide explica que “a Axenda de Desenvolvemento Sostible para o período 2015-2030 foi aprobada no Cume de Desenvolvemento Sostible, en Nacións Unidas, o 25 de setembro de 2015, a cal pretende un desenvolvemento sostible mediante unha Axenda universal, para todos os países e todas as persoas, onde as cidades xogan un papel primordial. Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e ás 169 metas que os integran, son de carácter transversal e están fortemente interrelacionados.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com