O Partido Popular de Lugo, cualificou de “vergoñenta” a procentaxe de execución dos orzamentos municipais de 2019. “Tal e como se recolle na liquidación do 2019, e que esta tarde se presenta como dación de contas no pleno, destaca o capítulo de investimentos do que tan só se logrou executar 3,2M€”.
Para os populares este dato é inadmisible sobre todo “tendo en conta as numerosas melloras que precisa a cidade de Lugo tanto no remate de infraestruturas, como en reparacións de vías ou en novas obras “o feito de que só se executase menos do 25% do Plan de investimentos é unha proba máis da falta de capacidade de xestión do bigoberno de Lugo, son incapaces de realizar investimentos na cidade e de executar medidas que axudan á xeración de emprego e crecemento económico da cidade”
Os populares aseguran que “a consecuencia de non executar o orzamento ten como resultado que quede un remanente de 51,6 M€ nos bancos, outra proba máis da súa incapacidade de xestión. Estes datos económicos veñen a certificar o que tantas veces dice o Partido Popular “que estamos diante dun goberno despreocupado polos lucenses e que non inviste neles”.
Segundo os datos da liquidación, os populares afirman “tamén se desprende que os orzamentos de Méndez son pura ficción dacordo co recollido no informe da liquidación de 2019, houbo un exceso de previsión de 36,6 M€, esto quere dicir que inflaron un 40% as contas municipais tal e como, no seu momento, denunciamos dende o PP”.
Por último o PP reflexionou sobre os 35,8 millóns de dubidoso cobro, e que corresponden ao periodo enmarcado dende o 1992 ata a actualidade, sendo moi destacable os 24.7 M€ pendente de cobro rexistrados dende a chegada de Lara Méndez ao Concello, “sorprende que 14 M€ veñan só do exercicio de 2019”.
Abr 19, 2020 - 04:41 PM
A mín parece vergoñento que en Lugo un grupo de xente con un certificado de penais (presuntamente) impoluto, pague por pertenecer a un asociación cuasi criminal corrupta e ladroa .
Abr 19, 2020 - 02:46 PM
Viniendo de miserables que nos robaron miles de millones para sus amiguetes de las cajas de ahorros y que ahora marchen por la vida ¿dando lecciones?, después de toda una década destrozando la sanidad publica. ( PP – CIUDADANOS – VOZ ) Esta es la verdadera escoria patriotica, hace falta ser muy basura para querer sacar réditos de los miles de españoles muertos por esta pandemia, cuando son los verdaderos responsables de que la sanidad publica estuviera en bragas.
Abr 19, 2020 - 02:47 PM