O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide alerta “dun empeoramento no servizo de augas por mor da persistente actitude dos socialistas de desmantelar este departamento”. O popular explicou como “o retraso no pagamento das gardas aos 8 operarios provocou que decidisen plantarse polo que, neste momento, nin ás noites, nin os festivos hai efectivos de garda para reparar as posibles avarías”.
Outra consecuecia “da insostible situación que viven estes empregados e que esta mesma semana os veciños da rúa Armórica quedaron sen agua durante toda a noite porque non había operarios para arranxar unha fuga nesta zona algo que Ameijide cualificou de “despropósito e irresponsabilidade”. Unha situación que esta mesma noite se vivíu na rúa Sargadelos”. Neste senso, o voceiro popular explicou que “é unha vergoña que o goberno local permaneza impasible e continúe retrasando o pago destas horas extra e gardas aos traballadores” salientando que “son 10 meses sen cobrar gardas, nin horas extraordinarias habendo casos nos que a suma xa supera os 3.000 € o que supuxo que en tres días non se arranxaran dúas avarías por esta situación”
Dende o Concello “en vez de asumir a súa responsabilidade e pagar os atrasos prefiren condenar aos veciños a sufrir retrasos nas reparacións ou a ter que asumir os sobrecustos de contratar a empresas externas”.
O Partido Popular remarca, que “sempre defendeu que era preciso reforzar este departamento lembrando que foi grazas a unha iniciativa da autoría do grupo que se adquirisen os actuais equipos e cabina para manipular tuberías de fibrocemento o que permite aos traballadores municipais a realizar as reparacións sen ter que recurrir a empresas externas.