O PP aplaude a proposta de que Lugo sexa cidade cardioprotexida cumprindo un acordo plenario de autoría Popular

A concelleira do Grupo Popular, Encarna Amigo, aplaude a decisión do goberno socialista de convertir a Lugo nunha cidade cardiosaudable tal e como se acordou a petición dunha proposta que defendeu o PP no pleno celebrado en marzo de 2017. Amigo tamén manifestou que é unha mágoa que “a alcaldesa estivese durante anos de brazos cruzados para, agora, en período preelectoral vender como súa unha proposta doutro grupo político”.

Outro dos puntos deste acordo foi que o concello de Lugo programase cursos de formación para o persoal municipal sobre como realizar as manobras de Reanimación Cardiopulmonar e sobre como usar un desfibrilador. Encarna Amigo manifestou que xunto ás instalacións deportivas, as oficinas do seminario e tamén as da Casa do Concello da Praza Maior, son as dependencias municipais que rexistran un maior número de afluencia de público “por iso é fundamental estar prevido para actuar de forma correcta en caso de parada extrahospitalaria” matizando que “os puntos de rescate cardíaco que se creen nos diferentes equipamentos municipais permitirán o acceso rápido a 1 desfibrilador”.

A edil tamén recordou que o seu grupo solicitou que se valorase “dotar de desfibriladores aos vehículos policiais para garantir a asistencia en casos de paradas cardíacas en eventos como o Arde Lucus ou o San Froilán”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com