O Grupo Municipal do Partido Popular ha tomado a decisión de non asistir á Comisión de Festas despois do último episodio vivido na última reunión na que “estivemos como convidados de pedra, non había espírito de acordar ningunha proposta xa que o BNG daba por pechado todo”.
O portavoz do PP Ramón Carballo xa comunicou a súa decisión por carta á alcaldesa de Lugo o pasado día 10 de setembro pedíndolle que se pronunciase sobre se quería ou non que houbese barracas nas patronais sen que ata o momento se pronunciase sobre este asunto.
O silencio de Lara Méndez significa para os populares que admite “a ditadura dos nacionalistas na organización dun evento que é para todos os lucenses e non só para os afíns ao ideario nacionalista”.