Coincidindo co día do libro os concelleiros do Grupo Popular colocaron nun treito da rede perimetral do auditorio de Magoi varias decenas de libros simulando unha biblioparada. Ramón Carballo convidaba a todos os cidadáns a participar nesta acción “incluídos a alcaldesa e o vicealcalde” matizando que “se trata dun punto de intercambio de libros co obxecto de fomentar á lectura mentres agardamos a que PSOE e BNG abran esta instalación”.
Os populares fixeron esta acción na rúa na xornada na que se cumpren 304 días dende que o Concello de Lugo recibise de mans da Xunta de Galicia as chaves do auditorio, unha infraestructura na que se investiron máis de 20 millóns de euros.
O voceiro popular tamén aproveitou esta acción para tender a man á alcaldesa xa que “se quere abrir o auditorio logo o verán, tal e como prometeu hai uns días na visita que realizou a este edificio, o lóxico é saber decidir canto antes como vai xestionar esta dotación”.
Por ese motivo, o PP bríndase para consensuar a estratexia e o modelo de xestión para conseguir unha programación estable e de nivel que fuxa da politización que caracteriza o que programa o BNG. Nese senso, o Grupo Popular pedirá unha reunión para clarificar o futuro do funcionamento deste equipamento cultural.
Esta acción no auditorio de Magoi coincide no día que se cumpren 10 meses dende a recepción do auditorio. Hai que lembrar que logo da presión exercida polo PP con dous actos reivindicativos previos a alcaldesa comprometeuse a abrir esta dotación á volta do verán.
Abr 23, 2021 - 04:25 PM
E por qué non fan nos xulgados unha declaroparada ?