O PP considera “inxustificable” a redución da anchura dunha estrada en Láncara tras mellorar o firme

O voceiro do PP de Láncara, Santiago Cubillas, considera “inxustificable” a redución en máis dun metro da anchura da estrada provincial LU-P- 5706 que vai de Villádiga a Monseiro tralos traballos de mellora do firme que consistiron na aplicación de aglomerado en quente.

Cubillas apunta que “a anchura actual da estrada no termo municipal de Láncara é claramente insuficiente para o cruzamento de dous vehículos”; xa que “se reduciu ata os 4,5 metros nalgún punto, mentres que na parroquia de Seteventos, no termo municipal de Sarria, mantivo a súa anchura media de preto 6”.

O voceiro popular recoñece que “está moi ben que se mellore o firme”, pero considera que “non pode ser que isto supoña deixar as pistas máis estreitas. Se non hai cartos para darlles máis anchura, polo menos que se manteña a que tiñan previamente”.

É por isto polo que o popular chama ao Goberno local a esixirlle ao ente provincial a corrección desta deficiencia que, ademais, considera “un clara discriminación para os lancaraos fronte aos nosos veciños de Sarria que si contan cunha cuneta practicable”. Nese sentido, lamenta que “o equipo de Goberno non se interese por defender os servizos dos nosos veciños e veciñas ante o Goberno amigo na Deputación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com