O PP considera que a “inacción” do Goberno local provoca “efecto chamada” nos okupas do Sagrado Corazón

O viceportavoz popular afirma que “neste mandato de Lara Méndez seguíronse incrementando as ocupacións en Lugo diante da permisividade cómplice dos responsables municipais” e citou ademais dos casos do Sagrado Corazón, os das Gándaras, barrio da Ponte, Milagrosa, barrio Feijóo, barrio da Residencia en Rolda de Fingoi.

Antonio Ameijide indicou que “é evidente que se a ocupación dun ben alleo non só non ten consecuencias xérase unha lóxica sensación de impunidade diante deste tipo de delitos” explicando que “o PSOE de Lugo no
último pleno acusounos de alarmistas por pedir solucións para frear a inseguridade e as ocupacións de propiedades privadas cando á vista salta que o efecto chamada do que se mofaba o PSOE é algo real e que non se trata dunha invención dun partido político”.

Os populares advirten que “como consecuencia da inacción do goberno local os veciños están a barallar mobilizarse para frear esta situación que está a provocar problemas de convivencia no barrio e inseguridade”.

Desde o Grupo Popular pediuse que a nivel municipal crese unha oficina de asesoramento e apoio aos propietarios de vivendas afectadas pola ocupación para que os afectados poidan obter información sobre os pasos adecuados que deben levar a cabo para recuperar as súas vivendas e para acompañalos durante o proceso. Os populares cren que o Concello xa debería ter unha base de datos que recojiese os puntos máis conflitivos para actuar de forma máis eficiente cortando o efecto chamada que xa se está producindo por non adoptar medidas contra a ocupación ilegal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com