O PP “constata” a negativa do goberno a asesorar a afectados por ocupacións ilegais

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que a rexedora “segue a posicionarse do lado dos que optan por incumprir a lei antes que do lado dos lucenses que a cumpren”, ao asegurar na comisión de seguimento de acordos plenarios que non creará a oficina de asesoramento a lucenses afectados por ocupacións ilegais das súas vivendas, unha iniciativa que o Grupo Popular levou a pleno e que se aprobou cos votos populares, de Lugonovo e Cidadáns.

Antonio Ameijide recorda que é a terceira ocasión nas últimas semanas en que a alcaldesa “prefire posicionarse do lado dos que optan por non cumprir a lei”. O voceiro popular explica que a rexedora votou en contra da creación dunha ordenanza de convivencia e contra a creación desta oficina de asesoramento e agora “nos atopamos con esta posición enrocada” da alcaldesa, que se nega a cumprir coa vontade maioritaria do pleno.

Para o popular esta “é unha mostra máis” de que a rexedora non goberna a cidade baixo a súa vontade, senón que segue as pautas marcadas polo voceiro do BNG, Rubén Arroxo, que tamén se puxo en contra da creación desta oficina, polo que a alcaldesa segue os seus ditames para defender “o sillón e o soldo” antes que  preocuparse de quen ten que facelo: os cidadáns.

Antonio Ameijide explica que durante o presente mandato o Grupo Popular levou a pleno 105 iniciativas, das que se aprobaron 94, un número importante de propostas das que o goberno segue a incumprir o 96% delas, xa que unicamente deu cumprimento a 4 propostas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com