O PP continuará cos congresos locais “para que o PP medre nas municipais”

O Partido Popular comeza a relación de congresos polas distintas agrupacións da provincia. Así o deu a coñecer este xoves, no transcurso da reunión da Xunta Directiva Provincial, a presidenta Elena Candia, e que contou coa asistencia e participación do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. O obxectivo, explicou a dirixente popular, é “crear proxectos gañadores para que o PP medre nas municipais”.

Concretamente, os primeiros que se levarán a cabo serán os de Ourol e Xermade. En ambos os dous concellos, e ao igual que aconteceu co de Lugo, soamente existe un único candidato.

Exemplo de entendemento

Por tanto, tal e como engadiu a presidenta, “continuamos no camiño de seguir reforzando o partido por toda a provincia. Ademais destes congresos, xa temos planificados máis”, remarcou. Neste senso, suliñou: “somos un partido activo, cuxa misión principal é traballar para recuperar alcaldías e consolidar as existentes. Creo, e así o quero manifestar a todos vós, que tal e como vimos de comprobar o pasado venres no de Lugo, somos un exemplo de entendemento”; cuestión ben diferente, engadiu, “do que acontece noutros partidos e outras institucións, como é a Deputación de Lugo e, máis concretamente, o surrealismo vivido en SUPLUSA este martes”.

Elena Candia deu conta deste xeito ao asistentes “do esperpento vivido esta semana”, así como de cal foi a xestión realizada polo seu Grupo. “Nós non somos os que enredamos, os que enredan e nin son capaces de entenderse son os socialistas. Nin o fan no Partido, nin onde teñen responsabilidades de Goberno”. Con todo, afirmou, “seguiremos traballando para poñer algo de cordura nesa Casa”.

Boa participación

Na xuntanza, presidida por Elena Candia, participaron, os integrantes da Xunta Directiva Provincial; alcaldes; voceiros e deputados provinciais e autonómicos: o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; vicepresidente tamén deste órgano directivo; ou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com