Os populares lamentan a “comedia que están interpretando o PSOE e o BNG de Lugo e se preguntan como é posible que “a decisión de que non haxa barracas a argumenten como unha proposta de goberno e logo o PSOE pida ao seu socio o BNG alternativas para os feirantes”.
Ramón Carballo cre que un dos motivos polos que os nacionalistas non queren montar as barracas é “o fracaso do plan de tráfico que hai no entorno do Parque de Rosalía polas obras da Ronda da Muralla”. Rubén Arroxo comprometeuse a ter lista esta actuación ao inicio do curso escolar e “non cumpriu o prometido” co que sería imposible montar as atraccións xa que non terían por onde canalizar o tráfico rodado.
Para os populares a estratexia da táctica da avestruz que utiliza a alcaldesa é impropia do seu cargo xa que “o de escudarse en que é un área do seu socio de goberno resulta unha irresponsabilidade xa que estamos a falar de persoas que precisan traballar para manter as súas familias”.
O PP mantén “o seu apoio aos empresarios e feirantes que reclaman traballar en Lugo como tamén apoian a todos os lucenses aos que o concello cobrou de máis nos últimos meses os recibos de auga así como aos veciños de Magoi que reclaman a apertura do novo auditorio ou calquera outra cuestión que sexa útil ou que redunde na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo: “nós somos coherentes e non estamos sometidos, nin tutelados por ninguén”.
Ramón Carballo di que a “organización das Patronais deste ano é unha cascada de despropósitos” o último o sorpresivo cambio do pregoeiro “hoxe coñecemos polos medios de comunicación a nova proposta” o que pon en evidencia “que nin son capaces de cumprir co que anuncian”.
O voceiro popular aludía deste xeito a nova pregoeira que se vén de coñecer indicando como na acta da última Comisión de Festas a proposta do goberno foi doutra persoa sen que se admitisen os nomes que o PP puxo sobre a mesa. Esta manobra avala o que vimos denunciado sobre a “participación ficticia que se ofrece e que a alcaldesa permite”.
Set 21, 2021 - 10:48 PM
É unha circutancia, moi apropiada para quitar réditos político. Pero non pasará nada, por que non saben. So bla bla bla bla
Set 21, 2021 - 09:10 PM
Estache a cousa como para poñer barracas
Set 21, 2021 - 05:11 PM
E vox querédelas porque así tedes outra razón mais pa encabronar a cidadanía contra do bng. Os únicos Tiovivos que vox importan son esos tíos vivos e listos que arrapiñan po voso partido, non os das barracas.