O Grupo Popular municipal lamenta “a pouca ambición” do bigoberno á hora de modificar ás ordenanzas de taxas e prezos públicos de cara ao vindeiro 2020 xa que das 40 que hai tan só fixeron cambios en 8 delas” reprochando que “socialistas e nacionalistas rexeitasen o paquete de medidas que presentou o Partido Popular para mellorar as ordenanzas”.
Os populares deron o visto e prace a todas excepto a tres “votamos en contra da modificación da ordenanza do Imposto de rodaxe porque non favorecen o uso de vehículos eficientes, porque recurtan de 5 a 3 anos as bonificacións así como a retirada das bonificacións aos vehículos de categoría A que son os que teñen a maioría dos veciños”.
O PP tamén se abstivo na taxa pola prestación de servizos urbanísticos e o ICIO xa que en ambas taxas “rebaixan do 95 ao 50% a bonificación para intervencións no ámbito PEPRI e nos ARIs desintencivando a recuperación do casco histórico”. A popular Cristina Abades preguntou á responsable de economía do PSOE porque “incumpren un acordo de pleno no que se contemplaba incorporar unha serie de bonificacións para adherirse ao Convenio da Xunta-Fegamp para ser Concello Emprendedor de xeito que Lugo perde oportunidades para os emprendedores”.
A edil do PP concluiu asegurando que “estamos decepcionados” polas formas en que o bigoberno abordou un tema que afecta de forma directa á economía doméstica dos lucenses. “Esperabamos máis diálogo, a creación dunha mesa de traballo na que presentar propostas para mellorar, entre todos, as Ordenanzas fiscais do noso Concello”.
Out 31, 2019 - 03:04 PM
¡ Bo !