O Grupo Municipal do PP lamenta a insensibilidade do goberno local coas familias que están dentro do programa de axuda ao aluguer e que levan agardando, dende hai seis meses, pola achega comprometida. A concelleira popular Carmen López Silva afirma que a desorganización dos servizos sociais “sobrecargado de traballo e con escaso persoal” ten tamén consecuencias á hora de tramitar estas achegas.
Segundo a edil do PP, nos próximos días, vanse a aboar as axudas dos meses de xaneiro a abril quedando pendentes as de maio e xuño. A xuizo da popular, é inconcebible que moitos dos beneficiarios, por mor deste retraso, víronse obrigados a pedir cartos prestados ou a recurrir a axudas de emerxencia social para pagar a mensualidade.
López Silva é da opinión de que hai que reformular o funcionamento deste departamento e suxire que “para evitar que se repitan situacións como estas se deberían ingresar a axuda ao aluguer antes de que remate o mes”. A popular reclama, unha vez máis, un reforzo do persoal tanto en servizos sociais como en Evislusa manifestando que “os traballadores fan o que poden pero os medios son os que son”
Xul 09, 2020 - 09:29 AM
Hai eleccions
Xul 08, 2020 - 11:52 PM
Ainda vos dades conta agora
Xul 08, 2020 - 10:25 PM
No digamos nada de las mascarillas o la distancia de seguridad.
Xul 08, 2020 - 10:23 PM
6 del pp, una periodista y dos pobres mujeres que pasaban por allí. Deben de estar acojonadas con este despliegue.😀😀😀.