O PP critica a modificación do regulamento de persoal que o goberno local quere instaurar

O voceiro do Grupo Popular, Antonio Ameijide, criticou que a alcaldesa de Lugo rexeitase hoxe deixar sobre a mesa a modificación do regulamento interno de persoal que plantexa a posibilidade de que os funcionarios fagan horas extra ilimitadas. Ameijide explicou que o goberno en minoría, elevará ao pleno do xoves este regulamento a pesar dos votos en contra de toda a oposición na comisión que se celebrou hoxe.

“Ofrecémoslle tres posibilidades diferentes para consensuar esta modificación express: a primeira é a de deixar máis plazo de tempo para analizar o documento e presentar emendas, xa que tan só se lles deu unha marxe de 24 horas; a  segunda alternativa era a votación independente por puntos e, como terceira opción, convocar un pleno extraordinario para votar esta modificación do regulamento”. Estas tres alternativas foron rexeitadas
tanto en comisión, como en xunta de voceiros polo goberno local.

O popular avanzou que o seu Grupo está en contra de permitir, tal e como plantexa a alcaldesa de Lugo, que os funcionarios fagan horas extra ilimitadas. Con esta “manobra”, critican os populares, o goberno local “intenta tapar o desmantelamento que sufriron os servizos municipais tras 20 anos de goberno socialista e que se ve agravado coas ofertas de emprego público que o goberno local non convoca dende hai tres anos. Estamos agardando pola execución da OPE de 2015, e pola OPE de 2016, e a de 2017”. Ameijide engadiu que ademáis de non executar as ofertas de emprego público tampouco son capaces de establecer o prometido control horario”.

O límite legal de horas extraordinarias que pode realizar un funcionario no Concello de Lugo nun ano é de 70, unha cifra que segundo un informe do interventor do Concello xa se superou nalgún caso. Antonio Ameijide explicou que o seu Grupo proporá que se suba o límite a 80 horas para equiparar ás que pode realizar o personal laboral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com