O Partido Popular afirma que a visita que hoxe organizou o bigoberno ao Cuartel de San Fernado custou máis que todo o que leva investido a alcaldesa en mantemento deste inmoble nos últimos 3 anos.
Os populares cren que a foto das xornadas de portas abertas do cuartel “fixeron correr un risco innecesario aos que participaron nesta visita”. “Unha mostra de que foi un paripé é que o percorrido foi mínimo, duns metros ata chegar ao patio central, ao que nin se puido acceder”, matizaron.
“O que quedou claro é que o PSOE e o BNG abriron as portas dun dos vinte edificios que son de titulariedade municipal e que deixaron abandonados durante anos”. Os populares piden ao bigoberno que “en vez de pór en práctica manobras políticas para abrir unha nova confrontación coa Xunta traballen a prol do diálogo”. Para o PP o Cuartel de San Fernando debe ser un referente a nivel galego” pero poñen en tea de xuizo “a capacidade do bigoberno á hora de poñer en marcha un novo museo cando son incapaces de pór a funcionar os que xa teñen como é o caso do MIHL”.
Nov 18, 2019 - 11:33 PM
Bueno, en un principio abrir o cuartel e que entrase que quixese, entendo por que non ten que ter custo algún, e decir cero patatero. Si tivese algún custo xa da lugar a malos entendidos e deixar moitas dividas da xestión económica do goberno actual.
E sñrs. Político e en particular do P P que é o que prende a fogueira cas declaracións. Xa está ben de parbadas, miren vostedes en Lugo somos galegos de Galicia e un mínimo de respeto a ciudadanía que o que queremos e que nos demostren que gobernan para todos os galegos, non só para uns cuántos. Por qué son vostedes coma nenos agora ti, agora eu, e xa nos estamos fartando das súas imbecilidades. Os problemas aí que arranxa los e deixarse de pasar a pataca quente. Sentidiño…..
Nov 18, 2019 - 09:50 PM
Que manera de tirar el dinero con lo necesario que es en otras actividades.