O PP critica o retraso na presentación dos orzamentos da Deputación

O Grupo Provincial do Partido Popular amósase moi crítico polo retraso na presentación dos orzamentos para 2017 por parte do equipo de Goberno na Deputación de Lugo, unha circunstancia que, para os populares, é indicativa da “incapacidade” do actual equipo provincial para xestionar a administración lucense e traballar de “xeito coordinado e responsable na defensa dos intereses dos seus veciños”.

Pese a que os populares solicitaron por escrito hai tres semanas a convocatoria dunha reunión cos grupos da oposición para a elaboración dos presupostos do ano 2017 “a día de hoxe non temos novidade ao respecto o que nos deixa entrever a despreocupación do Goberno socialista e o noso temor de que se repita a situación sufrida na pasada anualidade”. As contas para 2016 aprobáronse no segundo trimestre do ano.

Segundo os populares, “a pasividade e a falta de implicación dos socialistas xa está a provocar que de novo se incumpran os prazos fixados legalmente para debater as contas, xa que a normativa establece que o Orzamento xeral deberá ser remitido ao Pleno da corporación antes do día 15 de outubro de cada ano para a súa aprobación, emenda ou devolución”. Os populares reproban este incumprimento e lembran que en anteriores mandatos nos plenos ordinarios de novembro “debatiamos os orzamentos dos vindeiros anos e a falta de información lévanos a pensar que na sesión de novembro unha vez máis non teremos contas da Deputación e posiblemente nos expoñan unha nova escusa para xustificar de novo este incumprimento”.

O Grupo Provincial do PP lembra que durante os primeiros meses de Goberno do actual executivo socialista a “súa única preocupación foi a de centrarse nos conflitos internos do seu partido deixando sobre a mesa todos os asuntos de interese para a provincia e acumulando as urxencias”. Os populares lamentan que a situación non mellorase e se repitan retrasos na presentación dos orzamentos. “A présa dos socialistas e o seu traballo a contrarreloxo só o vemos nas campañas electorais ou en datas próximas”, lamentan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com