O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, critica “a falta de traballo e planificación de Lara Méndez e Rubén Arroxo con respecto á praia fluvial, unha dotación moi necesaria este verán debido as restricións derivadas
da alerta sanitaria do Covid-19”.
Ramón Carballo explica que “este verán será complicado para todos os lucenses xa que por diversos motivos seguramente non poidamos desfrutar das vacacións que tiñamos pensado. Por iso, que Lugo contase cunha zona de baño público vólvese fundamental para que os lucenses puidesen pasar o seu tempo de lecer, no caso de que non puidesen viaxar neste verán”.
O popular lamenta “os nulos avances do bigoberno para que os lucenses poidan desfrutar por fin da praia fluvial no verán deste ano, polo que condenan a cidade a quedar de novo sen esta dotación, prometida hai máis de dez anos polo entón concelleiro e presidente da Deputación, o socialista José Ramón Besteiro”.
Mai 14, 2020 - 03:36 PM
nunca pensei que diría isto, pero estou dacordo co PP. A xestión dunha zona de baño público en Lugo é algo vergoñento…
Mai 14, 2020 - 03:22 PM
veña ca ración diaria de pepetadas