O PP critica que o Concello non limpase a maleza aproveitando que os cidadáns estaban confinados

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo lamentan a oportunidade que deixou pasar o goberno local de Lugo durante todo o tempo que os cidadáns estiveron confinados xa que, unha vez se puido saír de novo á rúa a pasear, a imaxe que se atoparon en moitas zonas foi como a maleza invadiu por completo beirarrúas e mobiliario urbano.
Os concelleiros populares sinalan que desde o goberno local se puido poñer en marcha un plan de roza e desbroce para evitar que a maleza seguise a invadir a cidade, algo que é unha tónica habitual en moitos barrios, como A Piringalla, A Ponte, San Fiz ou Fontiñas.
Ante a inacción do bigoberno local, a estampa que atoparon os lucenses é que á hora de saír a pasear polas rúas de Lugo viron como en moitos puntos tiñan que baixar da beirarrúa para poder continuar co paseo, xa que a vexetación ocupaba case a totalidade da beirarrúa.

Neste senso, desde o Grupo Municipal Popular ínstase ao goberno local a poñer en marcha un plan de limpeza para eliminar toda esta vexetación da cidade e así mellorar a imaxe e o aseo urbano de Lugo. Neste senso, os concelleiros populares recordan que o Concello de Lugo ademáis debe instar aos particulares a manter limpas as súas propiedades e, no caso de que non procedan á limpeza das mesmas, o propio Concello de Lugo pode realizar esa limpeza. “Ante o elevado risco de incendio, derivado da gran acumulación de maleza, o Concello de Lugo, en cumprimento da actualización da lexislación autonómica de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ten que realizar a execución subsidiaria de acordo co establecido no artigo 22 desta lei, sen prexuízo da instrución do correspondente expediente sancionador”, sinalan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com