O Partido Popular Municipal, acaba de desvelar que, este mesmo ano, a rexedora estreará un novo vehículo oficial, que segundo denuncian os populares, é un coche de luxo. Así o revelan logo de ler o informe de contratación aprobado en Xunta de goberno o pasado 5 de maio e que da luz verda á compra.
Xunto con este vehículo, o Concello aprobou mercar outro; por un importe conxunto de 103 mil euros. Para o vicevoceiro da formación popular, Antonio Ameijide, é lamentable, dixo, a falta de coherencia de que en plena pandemia o Goberno compre vehículos de alta gama; especialmente, talas críticas realizadas polo propio PP cando se anunciou esta posible compra.
Os populares non admiten que o BNG se desmarque desta compra xa que comparten goberno e “por moita peonalización e bicicletas que ambos nos venden en proxectos separados parece que non están dispostos en deixar de ir en coches oficiais”.
Por último aos populares chámalles “ a atención que nas características dos coches non se aposte dunha forma máis decidida por vehículos híbridos enchufables ou 100% eléctricos cando Méndez e Arroxo xustifican a compra, entre outros aspectos, por motivos ambientais”.
Imaxe de arquivo