“A mala xestión do PSOE Lugo saenos cara aos veciños de Lugo”, deste xeito o concelleiro do PP, Manuel López, responde ao anuncio de que se van a reparar pistas no rural do municipio. “É vergoñento que saquen peito de que van a investir en rexenerar estas vías cando saben que podían telas xa reparadas a custe cero”. López explica que as tres pistas que inclúen no programa de repavimentación son exactamente as mesmas que incorporaron á petición de axudas do Plan de Mellora de camiños municipais de 2019 da Xunta e que “perderon por non cumprir os requisitos da convocatoria”.
“Como non tiñan a conta xeral do exercicio de 2017 aprobada quedaron no camiño os 95.000 € que solicitaban” matizou. López asegura que no PSOE “todo é postureo” mentres que o BNG, di, “ponse de perfil e cala diante de semellante despropósito”.
López pídelle ao bigoberno que lles digan aos veciños a verdade que non é outra que “obrigarnos a todos a pagar unhas obras que podían estar subvencionadas pola Xunta de Galicia”. De feito, asegura López, “se non perderan a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural as pistas de Barbaín que enlaza coa estrada da Deputación en Buratai, en Bóveda; a pista que vai dende a estrada de Portomarín a Argonde en San Xoán do Campo e a pista que vai dende a vía de servizo na Nacional VI ao Cuco en Conturiz xa estarían feitas dende o pasado 16 de setembro, que era a data do remate que se preveía na convocatoria”.
Dec 19, 2019 - 01:09 PM
Devolvede o que roubástedes, porcos
Dec 19, 2019 - 09:45 AM
sempre vai criticar o mais indicado q fixo o mesmo cando gobernaban
Dec 18, 2019 - 07:25 PM
Manuel, menos prensa e fotos, e máis oposición ben feita