O Partido Popular vén de denunciar a “incompetencia e ineficacia” da alcaldesa de Lugo, tras coñecer que o Goberno local non puxo a disposición os terreos necesarios para facer efectivo o desdobramento da avenida Infanta Elena. Con esto, os populares pretenden criticar o aprazamento da execución desta obra, tras saber que a Deputación vén de resolver o contrato coa empresa adxudicataria. Así, os voceiros do PP en Concello e Deputación, Ramón Carballo e Javier Castiñeira, anunciaron que presentarán preguntas en ambas administracións para clarificar “o futuro deste acceso principal á cidade”.
Os populares manifestaron “sendo dúas administracións amigas onde goberna o PSOE e o BNG “resulta incomprensible que non haxa colaboración, eficacia e dilixencia. “Debería caerlles a cara de vergoña xa que están eternizando a execución dunha obra pola incompetencia da alcaldesa de entregar os terreos para facer esta actuación”, aclararon Carballo e Castiñeira.
Os populares queren saber “en que estado se atopa a posta a disposición dos terreos, os prazos que baralla para facer estas xestións e cales foron os problemas que tivo a alcaldesa, dende decembro de 2016, para facerse con estes solares”. Os populares lembran como o desdobremento de Duquesa de Lugo debería levar dous meses en servizo e, coa situación actual, moito nos tememos que Méndez acabará o mandato coa obra sen facer. “Aquí non poden botar balóns fóra e culpar de incumprimentos de prazos á Xunta”, concluian.
Dende o PP aseguran que “semella que a alcaldesa ten animadversión a mellorar os principais accesos de Lugo” lembrando que nun caso semellante está a obra da rotonda de Alfonso X coa N-VI onde tamén hai atrancos para facer a intervención porque a alcaldesa non pon a disposición do Goberno do Estado os terreos que se precisan.
Nov 13, 2020 - 10:38 PM
A ver Xornal de Lugo, so os do PP e algunha vez os de Cs (se supón que por pena) teñen cabida no voso xornal? so estos teñen cousas que dicir todolos días, sen acritude eh, pero parecedesvos cada día mais o El Progreso, so falta que a Xunta do PP vos unte, e igualiños, igualiños.