O PP da Fonsagrada defenderá no pleno a redución e bonificación do IBI

O grupo municipal popular da Fonsagrada defenderá na vindeira sesión plenaria que se celebrará este xoves 6 de setembro a redución dos actuais coeficientes do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e a aplicación de bonificacións sobre o gravame para as familias numerosas, as persoas con minusvalía igual ou superior ao 33%, os veciños e veciñas que non perciban retribucións que superen o Salario Medio Interprofesional (SMI) ou as asociacións de interese social ou cultural coma as de cazadores ou as de baile tradicional, por exemplo.

Dende o PP da Fonsagrada tamén inclúen nesta proposta de bonificación do imposto coñecido como “contribución” ás construcións ligadas ao agro que, segundo indican, “noutros Concello contan cunha bonificación de ata o 95%”. Igualmente, tamén teñen en conta bonificacións neste imposto suporía unha redución do mesmo sobre os bens nos que se desenvolva algún tipo de actividade económica ben sexa unha empresa ou un autónomo. Neste caso, “pódense diferenciar tramos de bonificación segundo o número de traballadores e outros criterios co obxectivo de beneficiar aos pequenos empresarios e emprendedores”, indican.

Os populares cren que “o Concello da Fonsagrada conta cun orzamento suficiente que, se fose xestionado eficientemente polo Goberno local, permitiría non repercutir nos veciños e veciñas os atrasos do IBI trala revisión do valor catastral dos inmobles. Por iso consideramos necesarias estas medidas coas reducir o máximo posible as cantidades que teñan que aboar os veciños e veciñas por este concepto”.

Ademais, segundo defenden dende o PP local, “estas medidas contribuirían a facilitar a vida dos veciños e veciñas do municipio e, polo tanto, a fixar poboación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com