O PP da Pastoriza urxe a mellora da estrada LU-P-1106 ao seu paso por Xemil

O Grupo Municipal Popular da Pastoriza manifestou no pleno celebrado este xoves a súa preocupación polo estado da vía de titularidade provincial LU-P-1106 ao seu paso por Xemil.

O voceiro dos populares, José Bouso, sinalou que “esta vía que comunica Xemil co Campo do Oso se atopa nunha grave situación de deixadez” o que supón un problema para a circulación de vehículos que afecta a numerosos veciños e veciñas que fan uso desta estrada que dá acceso a numerosas parcelas das explotacións gandeiras da zona; ademais de ser a principal vía de comunicación do noso municipio con outros limítrofes e con outras estradas de titularidade autonómica ou mesmo a autovía A-8.

Ante esta situación que dificulta en moitos puntos a circulación dos vehículos, os populares defenden a necesidade de actuar de forma urxente nesta estrada que se atopa abandonada por parte do goberno da Deputación Provincial.

Bouso explica que “despois de trasladar ao alcalde a nosa preocupación polo estado da vía, o rexedor transmitiunos o compromiso do presidente da Deputación coa aprobación do proxecto de mellora para a súa posterior execución prevista para os meses de abril e maio deste mesmo ano”. É por iso polo que dende o Grupo Municipal do PP “nos manteremos vixiantes e estaremos pendentes de que se leven a cabo estas melloras no prazo previsto”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Feb 15, 2020 - 09:07 PM

    buenoooo, xa estamos, todos os días PP/Cs dando a murga con sus cositas en Xornal de Lugo. Psoe/Podemos non damos tanto a tabarra ¿non?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com