O PP da Pobra de Brollón alerta de que o Concello non terá en 2018 o servizo contra incendios da Xunta

O PP de Pobra de Brollón recoñece “estar realmente preocupado” pola decisión do alcalde de renunciar á brigada que ofrece a Xunta de Galicia para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais, e que consiste no financiamento e dotación de brigadas ás entidades locais. E é que esta determinación implica que, o vindeiro ano, este Concello tampouco contará co servizo que o Goberno galego ofrece a través desta iniciativa aos municipios lucenses.

Concretamente, a administración autonómica ofrece dende 2016 aos concellos lucenses a posibilidade de asinar convenios de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. Como novidade, dende esa data, estes acordos teñen carácter trianual o que permite ás entidades locais realizar unha mellor planificación das actividades preventivas contra os lumes.

Estes acordos teñen por finalidade participar na defensa contra os incendios forestais mediante a actuación dos vehículos motobombas municipais; realización de tratamentos preventivos forestais en vías e camiños de titularidade municipal; e contratación do persoal que conformará as brigadas municipais. No caso de Pobra do Brollón, o alcalde declinou a subscrición do mesmo e, en consecuencia, renunciou a todos os servizos indicados que ofrece o convenio, é dicir, puntualizan dende o PP, “renunciou a todo”.

A este respecto, o voceiro popular deste municipio, Fernando Parada, recoñece que “estamos máis que sorprendidos. Non sumarse ao convenio supón que perdemos un servizo necesario nesta época. O noso municipio xa se viu afectado polos incendios en anos pasados, de aí que todo o que se faga pola prevención sexa necesario”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com