O PP de Lugo rexeita “enérxicamente” o derrubamento do busto do expresidente da Xunta Manuel Fraga situado na alameda de Vilalba.
A figura amencía hoxe no chan e cunha cinta no pescozo. Os operarios colocárona de novo no seu sitio sen que sufrira importantes danos.
Para os populares lucenses recorrer a este tipo de accións é “inaceptable” e “absolutamente antidemocrático”, polo que piden “respecto” a un político do que resaltan “o seu compromiso público e o seu legado”.