O voceiro do PP de Lugo, Jaime Castiñeira, considera “decepcionante” o primeiro ano do goberno socialista no concello e sinala “as dificultades na xestión” e a “falta de iniciativa” que, ao seu xuizo padece o equipo de Lara Méndez.
Neste sentido, o popular acusa aos socialistas de estaren “anclados nas directrices que, hai anos, marcaron José López Orozco e Francisco Fernández Liñares.
A este respecto, Castiñeira cre que o equipo de Lara Méndez “non foi capaz en doce meses de cambiar de rumbo para sacar ao concello da parálise e combater a mala imaxe que proxecta a institución”. Para os populares, o feito de que os lucenses “boten de menos a Orozco” é un síntoma claro “de que o goberno local non funciona e que hai que tomar as rendas dunha vez por todas”.