Os alcaldes e voceiros do PP de Lugo e na Deputación tamén se suman ao motín da Comunidade Autónoma contra o Executivo de Pedro Sánchez por” reterlles importantes ingresos en entregas a contas pendentes de repartir. Ao igual que as entregas a conta das Comunidades Autónomas, o departamento estatal actualiza nos Orzamentos os ingresos a repartir aos municipios pola súa participación en tributos como o IVE ou o IRPF. Como se prorrogan as contas, tamén o fan estes ingresos; o que deixa ás arcas municipais sen a alza prevista da recadación”.
Así o expuxo este venres o vicesecretario de Participación do PP e deputado no Congreso, Jaime De Olano, acompañados de alcaldes, voceiros, senadores e outros representantes do Partidos nas distintas institucións, quen anunciou que “os deputados na Cámara Alta e no Senado interpelarán ao Goberno para que este aclare as razóns polas que non se procedeu aínda a transferir á entidades locais e ás Deputacións os recursos que lles debe, así como en que forma van a cubrir este esforzo orzamentario e cuantifiquen “o antes posible” os importes sen pagar. E é que, indicou, “o Goberno en funcións de Sánchez non está cumprindo coas súas obrigas legais e de raíz constitucional que consisten en transferir aos EELL a actualización da súa participación nos Ingresos do Estado e dos demais recursos financieiros que les corresponden”.
Alertados polo grave prexuízo que supón esta medida para as arcas municipais, os populares pediron ao Goberno que cumpra coa súa obriga, xa que “é mentira cando din que un executivo en funcións non pode aprobar esta medida, cando se fose un Goberno responsable, teríao feito antes das eleccións mediante un decreto-lei” .Matizou.
Se a actualización das entregas a conta non se soluciona este ano, tanto as Comunidades, que teñen máis de 4.700 millóns de euros pendentes en entregas a conta e liquidación-, como a entidade locais –mil millóns en total-, non disporían desta cantidade ata 2021 polo mesmos, pois a liquidación realízase, segundo explicou Olano, a dous anos vista.
A denuncia feita hoxe polos populares súmase á batería de medidas anunciadas polo Partido a nivel nacional para criticar a utilización dos fondos autonómicos por parte do Goberno como elemento de presión política. Os Concellos atravesan así unha situación moi semellante á das Comunidades, pero é que, ademais, afrontan “un segundo bloqueo que fai disparar o desfase entre os fondos presupostados e os realmente ingresados, como é que deben facer fronte tamén á subida de salarios dos empregados públicos á que deu luz verde o sanchismo”.