O PP de Lugo reúne a mulleres cun cargo político na provincia

Con motivo do Día Internacional da Muller, a Comisión provincial do PP de Lugo organizou un encontro con mulleres da provincia que teñen ou tiveron un cargo de responsabilidade política.

O obxectivo desta xuntanza, que estivo presidida pola lucense e presidenta da Comisión de Igualdade do PPdeG e Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, así como pola propia coordinadora da comisión provincial da muller, Mari Teijeiro, foi conmemorar esta data e por en valor o traballo que leva facendo a formación política a prol da igualdade de oportunidades.

López Abella manifestou que o labor desenvolvido polos populares nestes últimos anos, amosa o traballo por unha igualdade real e resaltou o compromiso de moitas mulleres con propostas sociais, económicas e políticas certeiras ao fronte de institucións e órganos de goberno.

Neste senso, a popular explicou que a formación política á que pertence atribúe funcións de responsabilidade a mulleres que teñen unha visión moi clara sobre as necesidades, os intereses e o benestar da cidadanía.

“O PP conta con mulleres para o desenvolvemento dunha sociedade máis igualitaria e democrática na que primen os valores políticos da xustiza social e a equidade”- manifestou.

Pola súa banda, a coordinadora provincial da Comisión da Muller, Mari Teijeiro asegurou que o Partido Popular confía nas mulleres para o desempeño de postos de responsabilidade en cargos orgánicos e Lugo é unha mostra desta aposta polas mulleres.

“Son moitas as mulleres da provincia que ocupan postos de responsabilidade no goberno do Estado, na Xunta de Galicia e en numerosos concellos”, lembrou Teijeiro, quen destacou o papel de Lourdes Yáñez ao fronte da Secretaría da Xunta Local, nun traballo minucioso ao servizo da cidadanía ao lado de Castiñeira.

A popular explicou que a provincia conta cunha voceira ao fronte da Deputación, Elena Candia, e con alcaldesas en diferentes concellos como Lourenzá, Triacastela, Caurel e salientou que o PP confía en máis mulleres para poder acceder a unha alcaldía como Julia Rodríguez en Monforte, Pilar Varela en Monterroso, María Gómez Pallín en Castroverde, Ángeles Lenza, en Pol ou Remedios González Cabarcos, en Rábade.

“Nesta confianza, a Xunta de Galicia tamén ten un lugar para mulleres da provincia e o líder dos populares galegos e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nomeou a varias lucenses ao fronte de órganos de xestión e de Goberno como a propia Susana López Abella ao fronte da Secretaría Xeral de Igualdade, Coro Piñeiro na Secretaría Xeral de Política Social, Raquel Arias na Delegación Territorial da Xunta”- concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com