A presidenta, voceira e candidata popular á alcaldía de Pol, María Ángeles Lenza, lembrou que a Cova de Praducelos foi un reclamo do PP local á hora de presentar alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste senso, a popular recorda que como grupo municipal popular presentaron alegacións para a elaboración do PXOM e informaron que existía a Cova de Praducelos, revelando incluso as súas coordenadas.
Lenza López tamén informa de que a agrupación local tamén deu conta da existencia doutros tesouros naturais que non están catalogados nin rexistrados e que se poden inventariar. Son por exemplo: a Fonte de Sambade (Fonte de Augas Férreas ubicada na parroquia de Suegos), a Cima do couso da Leira (situada na parroquia de Lea). Tamén se atopan outros tesouros, como castros ou lavadoiros ubicados por distintas zonas do Concello de Pol.
A popular lamenta que “tesouros naturais desta categoría e importancia estén sen explotar cando deberían ser promocionados para a posta en coñecemento de todos os cidadáns. Ademais de ser algo moi relevante para os veciños de Pol, contribuiría a atraer turistas a zona”- manifestou.
María Ángeles Lenza afirma que o Plan Xeral permaneza paralizado e denuncia a inexistencia de sesións plenarias para debater este tipo de iniciativas, así coma para non responder a estas cuestións e a outras iniciativas.