A portavoz, Carmen José López, sinalou hoxe que “antes de adoptar calquera medida entorno, o que ten que facer o alcalde é chegar ao fondo do asunto e saber por que hai un burato de 176.000 euros nas contas do matadoiro municipal”. Asemade “condena que a única medida que propoña o alcalde en relación ao matadoiro municipal sexa a subida de taxas” e engade que “agora mesmo non procede abordar unha posible subida das taxas” porque “entendemos que as contas que se poidan facer estarían desvirtuadas polo burato na recadación de ingresos”.
A popular incide en que “a xestión do goberno local neste asunto é caótica, un descontrol absoluto” froito da “falta de xestión e rigor, avalado polo alcalde que estaba advertido dende o 2022”.
“O goberno local debe adoptar as medidas necesarias para que o matadoiro municipal de Sarria sexa competitivo e, polo tanto, sexa viable e se garanta a súa continuidade. Hai que traballar para recuperar os usuarios que marcharon facer uso deste servizo a outros lugares”, segundo subliñan os populares, que tamén propoñen introducir melloras no servizo.
Foto Carmen José López con Antonio Ameijide