Para Mariña Gueimunde, voceira do PP en Viveiro, esta situación “é consecuencia do que viñamos advertindo dende hai meses, é dicir, do pasotismo dunha alcaldesa que ten á cidade agonizando”
Segundo Gueimunde, , “isto é algo que non se pode tolerar, polo que, subliña, “cómpre depurar responsabilidades e incluso que se produzan dimisións no equipo de goberno”
“Estamos ás portas da Semana Santa -época na que a cidade se enche de visitantes- e non dispor de efectivos nin pola tarde, nin pola noite é un auténtico perigo”, subliña.
A totalidade da plantilla presentou a baixa por sufrir cadros de ansiedade e depresión por mor da situación que están a pasar dende hai tempo, tal e como advertiron en reiteradas ocasións mentres o goberno local -PSOE+BNG- mirou para outro lado. “Non se tomaron medidas e así estamos” e engade, “o xefe do servizo tamén está de baixa.
Asegura a popular que a decisión deste servizo non se debe ás retribucións, senón a que “non se senten dignificados no seu traballo, nin apoiados polo goberno local”, polo que, di, “sería un exercicio responsable, dende o punto de vista político por parte da socialista dar un paso atrás e irse pola porta grande”
E remata preguntándose “que foi da promesa do BNG de restablecer a quenda polas noites? “Agora non só non temos efectivos polas noites, senón que, coa chegada do BNG, agora tampouco temos axentes polo día, e a pesares de todo isto pretende incrementarlles o traballo como vixiantes de rúas, estradas e agora de praias”, advirte.