O viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, lamenta a “incongruencia e falta de xestión” do goberno socialista de Lugo coas instalacións deportivas municipais, xa que “o arranxo tardío” dos campos de fútbol da Cheda e Luís López Gorgoso propiciou unha saturación do resto de campos.
Enrique Rozas asegura que “coa previsión adecuada” non se chegou a esta situación, sobre todo, se o goberno socialista de Lugo “non se esqueceu” do campo de fútbol que ten en San Fiz, unha instalación que se converteu “nunha selva” e que, para poder albergar partidos ou adestramentos, “necesita unha renovación completa”. O viceportavoz popular lembra os 60.000€ que custou a todos os lucenses, en 2015, a adquisición desta zona deportiva, cuxo aspecto “é lamentable, con maleza invadindo por completo todo o campo de terra”, facendo que a zona quede “inhabilitada” para que calquera poida practicar deporte nesa instalación.
Mesmo, o popular lamenta que o goberno local anuncie convenios con entidades deportivas e que “ao final non se materialice nada”. Unha cesión que a alcaldesa anunciou ao grande o pasado mes de marzo e, desde entón, nada se avanzou, a pesar de que o equipo de goberno socialista asegurara que “o acordo estaba encarrilado administrativamente”. Neste sentido, o popular afirma que, no caso de que finalmente se realíce a cesión dos terreos, “queremos saber en que termos faise” algo para o que pedirá acceso ao documento.
Enrique Rozas asegura que a falta de planificación das actividades deportivas por parte do goberno socialista de Lugo chega “a tal extremo” que, simplemente con realizar “un mantemento mínimo” dos campos de fútbol de San Fiz, deuse “moita máis comodidade” a todos os clubs de fútbol da cidade, xa que se gañaría un campo no que poder realizar adestramentos e disputar partidos, xa que en Lugo hai máis de 2.200 licenzas federativas, o que propicia que as instalacións municipais comezan a quedar pequenas para dar cabida a tantos futbolistas.
O popular faise eco das innumerables queixas realizadas polos clubs de fútbol da cidade, que ven limitadas, unha vez iniciada a tempada, as horas de adestramento, o que se une ao inconvinte de ter que desprazarse a outros campos da provincia para disputar partidos como local ante o colapso existente nas instalacións do Concello de Lugo.