O PP desvela que un informe de riscos laborais acredita que as dependencias que utiliza o grupo Popuar, non reúnen as condicións mínimas de seguridade e saúde.
É por isto que, aproveitando que quedou libre un local anexo ao do Grupo Municipal no Concello onde ata o de agora estaba o persoal do EDUSI, o grupo Popular volven insistir en que llo cedan.
En declaracións aos medios, o viceportavoz Enrique Rozas, lembra que son 15 as persoas que teñen que desenvolver o seu traballo nunhas dependencia insuficientes, deterioradas, mal ventiladas, con problemas de iluminación e ás que desde hai décadas non se lles fai un mínimo mantemento.
Os populares xa reclamaron a principios de mandato que se lles cedese un espazo anexo que se usa como almacén de cultura pero denegóuselles a pesar de que, como queda dito, son 15 as persoas que teñen que realizar o seu traballo nunhas dependencias cun tamaño moi reducido e que están deterioradas (paredes con fendas, salas sen ventilación …) Esta solicitude do Partido Popular vén avalada por un informe do Servizo de Riscos laborais do Concello que “tras estudar os espazos de traballo do persoal municipal e os concelleiros conclúese que “se obtiveron valores fose do rango establecido legalmente pola superficie libre por traballador”.
O viceportavoz popular afirma que “é imperativo contar cun espazo adecuado para desenvolver o traballo e espera que a alcaldesa atenda esta petición xa que non se entendería a negativa do PSOE e BNG en ofrecer espazos dignos para que traballadores e concelleiros desenvolvan o seu traballo. “É inaceptable que uns partidos políticos que presumen de defender o dereito dos traballadores permitan que o gabinete de comunicación do PP de Lugo. Traballe nestas condicións, incidindo en que “nin tan sequera temos wifi, nin espazo para organizar a documentación que se xera” lembrando tamén que “se nos negan utilizar a sala de prensa do Edificio de Novas Tecnoloxías para roldas de prensa ou reunións con colectivos” Esquécense de que o PP ten 12 concelleiros fronte ao 5 BNG e 8 do PSOE, remata.